I Feira MercaEmprende - Pontevedra 5º+6º (30/05)

O vindeiro martes 30 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participarán na Alameda de Pontevedra na Xornada de Clausura do programa DEPOEMPRENDE NA ESCOLA.

Nas xornadas o noso alumnado compartirá co resto de alumnado participante o traballo desenvolvido ao longo deste curso coa nosa microempresa Esencia Laredo. Contará tamén con espazos de coworking nos que dun xeito lúdico poñan en práctica as súas aptitudes empresariais.

Máis info: http://www.depo.es/es/depoemprende