Avaliación Individualizada 3º Primaria (30-31/05)

Os vindeiros 30 e 31 de maio o alumnado de 3º de Educ. Primaria realizarán ás probas de Avaliación Individualizada con carácter diagnóstica e de interese para o noso centro e que non computan nin teñen efecto no expediente académico do alumno. Durante a xornada de hoxe, 25 de Maio, o alumnado realizou con éxito unha serie de simulacros para adaptarse a proba e a súa dinámica. Así pois as avaliacións sucederánse da seguínte maneira:

  • 30 de maio de 2017 - Avaliación Lengua - Descanso - Avaliación Matemáticas 1ª Parte
  • 31 de maio de 2017 - Avaliación Lingua - Descanso - Avaliación Matemáticas 2ª Parte

Durante eses mesmos días achegarase unha enquisa anónima de avalación da situación socioeconómica e cultural das familias implicadas