Programa Municipal "Verán con Simona"

A Concellaría de Muller e Igualdade, dirixida por Teresa París, organiza o PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN 2017 CONVOCATORIA VERÁN. O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de verán, ao mesmo tempo queofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións. Continuando coa liña de traballo do Programa Municipal de Conciliación, ademais das actividades lúdicas e de ocio, os rapaces e rapazas poderán gozar tamén con actividade física lixeira. Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para menores de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano. Para menores con necesidades educativas especiais se avaliará cada solicitude de maneira individual. O Programa desenvolverase durante o mes de xullo (do 3 ao 31), de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas, nas seguintes parroquias:

  • Cabeiro: Centro cultural de Cabeiro, con 15 prazas.
  • Cedeira: Centro cultural de Cedeira, con 30 prazas.
  • Cesantes: Centro cultural de Cesantes, con 15 prazas.
  • Chapela: Asociación cultural Cidadelle, con 15 prazas, e Multiúsos, con 15 prazas.
  • Negros: Asociación de veciños de San Esteban de Negros, con 30 prazas.
  • O Viso: Asociación cultural A Teixeira, con 15 prazas. Reboreda: Sociedade labrego cultural de Reboreda, con 15 prazas.
  • Redondela: Multiúsos, con 30 prazas, e Pousadouro, con 45 prazas.
  • Saxamonde: Centro cultural Chan das Pipas, con 30 prazas.
  • Ventosela: Asociación deportivo cultural Miñoteira, con 15 prazas.
  • Vilar de Infesta: Centro cultural de Vilar de Infesta, con 15 prazas.

Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello en Redondela ou Chapela a ficha de solicitude de participación e documentación anexa, que se pode descargar da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM).

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 15 de maio e remata o luns 5 de xuño.

A listaxe de admitidas/os será publicada o xoves 22 de xuño na páxina web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres.

Para máis información podédesvos dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.

Ficha de Inscrición ó Programa Municipal de Conciliación 2017 Verán

Ficha Individualizada de Seguimento