Teatro “As andanzas de Paio” EI+1ºEP (22/05)

O vindeiro luns 22 de maio o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación primaria asistirá ao Multiusos do Piñeiral do Crego á representación da obra "As andanzas de Paio" da man da agrupación teatral Oviravai . “As andanzas de Paio”, é un proxecto que integra a ensinanza e a aprendizaxe da lingua con contidos curriculares e temas transversais como a protección da natureza, o coidado da saúde, a alimentación, os diferentes tipos de familias, coñecer outras culturas e linguas e a amizade.

Unha oportunidade diferente de traballar estos contidos dun xeito diferente…