Visita Xardín Botánico Lourizán 1º+2º 20/05

O vindeiro Luns 20 de Maio o alumnado de primeiro e segundo de primaria visitará o Palacio de Lourizán coa finalidade de coñecer os xardíns e a flora que alí se atopan.

Durante este trimestre traballamos as plantas e as súas características polo que consideramos que este contido é mellor traballalo a través da experiencia e a través dos sentidos, puidendo tocar, cheirar e visualizar diferentes tipos de plantas nun lugar idílico. O Xardín Botánico de Lourizán foi creado no ano 1949 baixo a denominación de Arboreto cun obxectivo de investigación e experimentación e, ao mesmo tempo, cunha finalidade didáctica e recreativa.