Obradoiro Nutricional 5º EP 29/02


O vindeiro Xoves 29/02 o alumnado de 5º EP terá un obradoiro sobre Nutrición Saudable a cargo de Frutas NIeves baixo o Club Vitaminas o cal mediante diferentes dinámicas preténdese conciencias ao alumnado nunha dieta sá e nuns hábitos saudables.

O Club de Vitaminas é un proxecto educativo que nace da man de Frutas Nieves e da súa preocupación por mellorar os coñecementos, actitudes e hábitos alimentarios da poboación infantil. O seu principal obxectivo é fomentar hábitos alimentarios saudables, promovendo o consumo de froitas, verduras e hortalizas entre os máis pequenos.