DECORACIÓN ÁRBORE DE NADAL

Estimadas familias:

Chegou decembro e, con el, a decoración da nosa árbore de Nadal!

Como cada ano pedimos a colaboración das familias para que aportedes os elementos decorativos que vestirán a árbore.

Desta vez, xa que o proxecto anual é "A rebolos polo mundo", queremos enchela de "souvenirs" e recordos das vosas viaxes por distintos lugares da Terra.

Pedímosvos que busquedes algún destes pequenos recordos, lle poñades unha cordiña para poder colgalas e unha etiqueta co nome e curso do neno/a para poder recollelos de volta cando rematen estas festas.

Poden empezar a traelos desde o luns 4 de decembro.

Moitas grazas pola vosa colaboración!