Obradoiro Tarxetas de Nadal 11/01 Bib. Xela Arias

Obradoiro infantil na Biblioteca de Chapela:

Crea, escribe e envía a túa tarxeta de Nadal A Biblioteca Xela Arias de Chapela prepara unha actividade creativa do máis axeitado para estas datas especiais que xa se achegan.

Baixo a dirección de Macarena G. Muñoz desenvolveremos un obradoiro de postais de Nadal, onde non só elaboraremos postais orixinais e fermosas, senón que as escribiremos e enviaremos ás persoas queridas. Unha proposta para recuperar unha tradición propia destas datas que, quedou case relegada ao esquecemento.

Será o luns 11 de decembro, de 17:00 a 19:00 h. Os nenos/as prepararán as súas propias postais coas indicacións e os materiais dos que se lles farán entrega, escribirán o texto que as acompaña, porán o destinatario e o remitente no sobre e pegaremos un selo para poder envialos por correo.

  • O obradoiro está dirixido a rapazada de 6 a 12 anos.
  • Recoméndase traer escrito o enderezo da ou das persoas ás que o neno/a desexe enviar a postal.
  • Para participar é preciso inscribirse na Biblioteca Xela Arias: tlf: 986-454-226, correo: bibliotecachapela@redondela.gal