Celebración SAMAÍN: CABAZA, CALACÚ, CABACIÑA, CABAZO,...decorado!!!! 31/10

Estimadas familias;

Queda xa só unha semana para o día máxico no que celebraremos a festa do Samaín no colexio; será o vindeiro martes 31 de outubro.

Como todos os anos, o alumnado pode vir disfrazado coas súas mellores galas terroríficas e, ademáis, traer unha CABAZA, CALACÚ, CABACIÑA, CABAZO,...DECORADO para adornar a entrada do colexio. Convidámosvos a ser creativos, pois podedes empregar froitos reais, ou de outros materiais ( cartón, espuma, teas,..).

Deberedes traer a CABAZA o luns 30!

Lembrade que, como hai que facer a CABAZA, este curso NON hai que facer as Comidas Terroríficas para compartir, aínda que si deberán traer unha "merenda terrorífica" só para eles, pois ese día faremos o desfile de disfraces, o photocoll e despois merendaremos todos xuntos no patio. As Cabazas decoradas poden levalas de volta o día 2 de novembro.

Grazas pola vosa colaboración! Equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do Ceip de Laredo