Presentación Club Lectura 23-24

Prezados e prezadas lecturaclubistas:

O próximo mércores, 4 de outubro, ás 16:00 celebraremos a nosa primeira sesión do club na biblioteca do cole "Manuel Bragado".

Entre outros temas falaremos:

  • Organización do club: horario e periodicidade das nosas sesións, convocatoria de convidados,  entre outros temas.
  • Nesta primeira sesión cada participante poderá presentar o seu libro favorito.

Para que serva de guia podemos falar dos datos do libro (título, autor, editorial, ), a temática  e as razóns polas que recomendarías ese libro.

Agardamos que este sexa un curso de lecturas compartidas moi proveitoso.

Vémonos o mércores na Biblio.