RETO 1 CREDENCIAL DA LINGUA: DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Comenzamos a nosa andaina polo curso lanzando o primeiro reto do Pasaporte viaxeiro e Credencial da Lingua deste ano!.

Como todos os cursos, a primeira data que celebramos é o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS, no que se trata de poñer en valor a importancia de conservar, usar e apreciar todas as linguas que conviven no noso Continente. No noso caso particular, trátase de valorar a nosa Lingua Galega e potenciala. Desde esta premisa, e crendo que a diversidade lingüística é coma a diversidade de tonalidades dun arco da vella, imos xogar coas cores! A proposta é a seguinte: -Buscaremos 3 frases feitas, refráns, ditos,... en Lingua Galega nas que apareza o nome dalgunha cor. Procuraremos que sexan de 3 cores diferentes.

Un exemplo pode ser; “Xente nova e leña verde, todo é fume!”; “Viviu unha vida en cor rosa”; … Animádevos, que hai moitas!

Debedes escribilas nun papel e entregarllo ás titoras ata o luns 25 de setembro para poder incorporalas ao mural que elaboraremos no centro, e gañaredes o primeiro carimbo no voso Pasaporte! Grazas por participar!

Equipos de Dinamización e Biblioteca do Laredo