Comezo Proxecto Lácteos na Escola

Xa van 3 anos que realizamos este proxecto coa Consellería de Agricultura e Pesca, FOGGA e o Fondo Europeo Agrícola de Garantía, Lácteos na Escola. 
Neste curso haberá moitas e saborosas sorpresas tendo como finalidade o fomento do consumo de produtos lácteos destinado a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables.

Así pois o alumnado poderá ter a diario a posibilidade de consumir os lácteos con e sen lactosa que goste durante todo o curso escolar na hora do recreo sendo o alumnado de 5º+6º os organizadores das diferentes dinámicas que se proporán.