Blogues

Alumnado admitido curso 2014-2015

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL

Anpa: Menú Maio

Adxunto o menú de Maio para o centro.

Anpa: Maratón escolar

Anpa: Maratón escolar. Como cada ano o dia 16 de maio o colexio participa na maratón escolar, para a organización, precisamos da vosa colaboración, os pais/nais interesad@s anotádevos o antes posible no comedor do colexio (Macarena). Anivádevos.

Anpa: Menú Abril

Para a vosa información achegamos o menú correspondente a este mes de abril 2014. Tede especial atención os festivos do centro. Mirar Calendario na propia páxina.

Anpa: Fotos da festa do entroido 2014

Anpa: Excursión dos nenos de 6º de Primaria

 Anpa: Os nenos de 6º de Primaria farán a súa excursión ó camping Fieitás en O Grove os días 23-27 de Xuño.

Anpa: Festa de entroido

Como cada ano a Anpa fará unha gran festa de entroido o dia 28 de febreiro de 17 a 20h. Animádevos.Ímolo pasar en grande tanto nenos coma maiores. O venres entregaremos as follas de incripción. Un saúdo.

MATRÍCULA 2014-2015

Inicio do procedemento de admisión para o alumnado para o curso 2014-2015

Saiu publicado o inicio do procedemento de admisión para o vindeiro curso 2014-2015. A medida que se acheguen os prazos iremos publicando mais novas.

Xadrez na Escola Laredo 2014

XadrezO Concello de Redondela xunto coa Consellería de Educación e Ordenación  Universitaria e a ECU (European Chess Union) participa nun programa piloto de introdución do xadrez nos centros educativos co motivo de potenciar as competencias básicas do alumnado.

Por todo iso, o CEIP de LAREDO, oferta unha actividade extraescolar de maneira gratuíta a todos os alumnos/as de 2º ciclo a cal consideramos de interese para o seu fillo/a.

Distribuir contido