ANPA: Ven a visitar o noso Planetario en Familia (20/10) 16h-19h

Dende a ANPA queremos ofrecervos unha actividade moi motivadora e espectacular no centro, usos múltiples, para vivir en familia.
Co motivo de que temos un planetario no mesmo grazas ao "Proxecto LAIKA,  este Vernres 20 Outubro haberá pases gratuítos para as familias do centro coas seguíntes condicións: 

  • As entradas e reservas realizaranse en horario de mañá a Macarena - ANPA. (Xoves 19-Venres 20): Especificando nome do alumno e número de pase.
  • Non haberá máis de 10 entradas dobles por pase (obrigatorio alumno/a acompañado de adulto)= 20 persoas max. por pase. 
  • Só se pode reservar un pase doble por alumno.
  • Son posibles pequenos cambios de horario/programación dependendo da demanda existente.
  • Prégase respetar o material e a instalación o máximo posible.

As quendas do planetario serán as seguíntes: 

  • Pase 1: 16:00-16:30: Infantil+1º+2º+3º "A nena que caminaba ao revés" +-25´
  • Pase 2: 16:30-17:00: Infantil+1º+2º+3º "A nena que caminaba ao revés" +-25´
  • Pase 3: 17:00-17:30: Infantil+1º+2º+3º "A nena que caminaba ao revés" +-25´
  • Pase 4: 17:30-18:00: 4º+5º+6º "O ceo en outono"+-20´
  • Pase 5: 18:00-18:30: Infantil+1º+2º+3º "A nena que caminaba ao revés" +-25´
  • Pase 6: 18:30-19:00: 4º+5º+6º "O ceo en outono"+-20´

Animádevos a participar en familia desta actividade de balde para o alumnado no centro!