Charla Interactiva Familias "Educ. Afectivo Sexual" Multiusos Xunqueira 21/01 19h

Actualmente existe unha crecente preocupación pola educación afectivo-sexual, especialmente entre os e as menores. É por isto, que A Asociación Érguete convoca ás familias a unha Charla Interactiva que levará por título “Educación afectivo-sexual ”. Será o próximo Martes, 21 de Xaneiro de 2020 no Multiusos da Xunqueira, ás 19.00 horas:

Ana Prejigueiro Santás, Médica especialista en Educación para a Saúde, afondará sobre como educamos sexualmente aos nosos fillos e fillas, a importancia de integrar a sexualidade dentro dun modelo de saúde, as relacións de parella entre adolescentes e o modelo de referencia actual que teñen coa pornografía nas redes sociais.