Skip to Content

Infantil

os tres porquiños

AXUDADOS POR CARI E AS NOSAS PROFES, OS NENOS/AS DE INFANTIL PINTAMOS O MURAL DOS TRES PORQUIÑOS NA SALA DE XOGOS

 

DESCUBRIMOS CHINA

OS NENOS/AS DE INFANTIL FIXEMOS UN PROXECTO SOBRE CHINA.

DIVERTÍMONOS MOITO E APRENDEMOS MOITAS COUSAS

 

MAIOS 2012

O día 23 de maio en Infantil celebramos os Maios. Grazas á colaboración de todas as familias, xa pola mañá as aulas estaban cheas de flores para montar o maio. Aínda así, antes de empezar, os nenos e nenas, acompañados das súas mestras foron recoller fiuncho nos alrededores do colexio. De volta na escola empezamos a montar o maio: primeiro o fiuncho e logo as flores. Pasámolo moi ben e o maio adornou a entrada do edificio de infantil durante varios días.

A continuación podedes ver as fotos dese divertido día.

A semente

Os nenos/as de infantil preparamos semilleiros con sementes de leituga para logo poder trasplantalos na nosa horta. Manchámonos un pouco coa terra pero pasámolo moi ben. Esperamos que medren axiña para poder plantalos.

Estas son as nosas sementes de leituga

Así sementamos nós

 

XOGAMOS COA AUGA

OS NENOS E NENAS DE iNFANTIL XOGAMOS COA AUGA. SE QUERES VER MÁIS PINCHA AQUÍ.

     

Fomos ao teatro

Os alumnos/as de Educación Infantil de 3 anos asistiron a unha obra de teatro "HISTORIA DUNHA SEMENTE" representada polo grupo de teatro CARAMUXO.

Foto do teatro 3 anos

 

 

Viaxamos a Etiopía

Ao longo deste trimestre estamos a coñecer un pouquiño de mundo. Achegámonos neste caso a Etiopía e estamos a aprender moitas cousas da súa cultura.

O vindeiro venres 25, todos os nenos e nenas de infantil agardámosvos a todos e todas na aula Tics para compartir convosco toda a nosa experiencia.

Mural Etiopía

Como prometemos, este pasado venres 25 festexamos o día de Etiopía no cole. Presentamos todas as nosas investigacións aos nosos compañeiros máis maiores e cremos que lles gustou moito. Polo menos, nós fixémolo con moito agarimo.

Distribuir contido


by Dr. Radut