Skip to Content

COMO É O NOSO CENTRO

O noso centro conta con dous edificios: o edificio de Educación Infantil e o edificio de Primaria.

O edificio de Educación Infantil é o máis antigo. Conta con planta baixa e un andar.

Na planta baixa  atópanse as tres aulas de Educación Infantil, a aula de psicomotricidade e a aula de apoio. No primeiro andar temos as aulas de Inglés e Música asi como a sala de audiovisuais, dúas ludotecas e a sala de mestr@. Como anexo a este edificio temos o patio cuberto, a cociña e o comedor escolar.

O edificio de Primaria é máis recente e conta con planta baixa e dous andares.

Na planta baixa atópanse os despachos de  secretaría, dirección e xefatura de estudos, reprografía e dúas bibliotecas ( Sala Amarela, destinada ao alumnado de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria e Sala Laranxa, para o alumnado de segundo e terceiro ciclos de primaria). No primeiro andar contamos coas aulas de primeiro ciclo, o departamento de orientación, un laboratorio e  a aula de informática. No segundo andar atópanse as aulas de segundo e terceiro ciclos, asi como unha titoría e o archivo de secretaría.

Ambos edificios están rodeados dunha zona pavimentada que constitúe o patio do  colexio, cunha parte delimitada para Educación Infantil. Tamén contamos con zonas de herba onde podemos atopar distintas especies de árbores e plantas ornamentais plantadas moitas delas polos nenos e nenas do centro, asi como un pequeno horto.

Deixámosvos unha pequena mostra destes recunchos que forman o noso cole.

 

 



page | by Dr. Radut