A NOSA BIBLIOTECA

Recén inaugurado o centro, a biblioteca transformouse para ser un lugar accesible e agradable para traballar co alumnado.

A nosa biblioteca é o pulmón do noso centro. Nela podemos atopar diferentes seccións para o uso e disfrute de toda a comunidade educativa. Atoparemos unha zona para a consulta e búsqueda de información, outra zona adicada a narrativa, poesía e teatro, dividida a súa vez por idades e por temáticas para que sexa máis sinxelo atopar aquelo que queremos.

Na mesma podemos atopar dúas zonas diferenciadas, que están contiguas: unha zona para a consulta con ordenadores e o material de consulta, e unha zona onde encontraremos o material literario para todas as idades.

Grazas ao PLAMBE promovido pola consellería e do cal formamos parte, todos os anos renovamos o noso catálogo, ademáis do mobiliario para que sexa unha biblioteca agradable e funcional. Non vos esquezades de visitar a nosa biblioteca. Vinde numeros@s!!!

selo Planbe 

biblioteca1biblioteca1