Subida á Buraca 11 Chapela Horario do centro: Luns a Venres de 8:50 a 13:50 correo electrónico: ceip.igrexa.chapela@edu.xunta.gal Teléfono: 886110668
CEIP PLURILINGÜE IGREXA CHAPELA |
|
Subida á Buraca 11 Chapela Horario do centro: Luns a Venres de 8:50 a 13:50 correo electrónico: ceip.igrexa.chapela@edu.xunta.gal Teléfono: 886110668 |
Axudas de libros, material escolar e fondolibrosEnviado por admin o Mar, 21/05/2024 - 04:56
Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda dos libros, ,material escolar e fondolibros para o curso 2024-2025. 1- Quen pode solicitalo? Poderá solicitalo aquelas familias cuxos fillos/as cursen dende 1º de primaria ata 4º da ESO no curso 2024-2025 2- As cuantías e os requisitos están na orde que se adxunta a continuación. 3- Onde podo solicitalo: A través da Sede Electrónica, co código ED330B (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B) ou ben presencialmente no colexio. Deixamos os anexos adxuntos que deberedes cubrir e entregar na secretaría antes do 21 de xuño. 4- Atención!! Firmade ben os anexos e lede ben toda a información relativa a axuda, xa que é preciso entregar a documentación e os anexos debidamente cubertos.
Programa municipal de Conciliación de Verán 2024Enviado por admin o Mér, 08/05/2024 - 06:50
Xa tedes na páxina web do Concello a información, bases e ficha de inscripción para o Programa de Conciliación de Verán do Concello de Redondela. Vos deixamos porr aquí tamén as bases e a ficha de inscripción. https://redondela.gal/gl/programa-municipal-de-conciliacion-de-veran-2024/
Maratón das Letras Galegas 2024Enviado por admin o Mér, 08/05/2024 - 05:54Recordade que este ano colaboramos co Banco de Alimentos de Vigo. Poderás traer os alimentos ao centro ata o día 16 de maio.
O maratón das Letras Galegas será o día 16 de maio Horario: 10 a 14 horas Participan: CEIP Plurilingüe Igrexa Chapela, CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, CEIP Laredo, IES Chapela, DISCAMINo, AMICOS Colaboran: Concello de Redondela, Banco de Alimentos de Vigo, DISCAMINO
Podedes descargar o dorsal nos adxuntos O himno GalegoEnviado por admin o Ven, 03/05/2024 - 08:17Aquí tedes o Himno Galego. O reto é cantalo todos xuntos na pista!!! Seremos quen de conseguilo??
BECAS NEAE 2024-2025Enviado por admin o Xov, 02/05/2024 - 11:12
Xa está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con NEAE. O prazo vai dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Para máis información podedes dirixirvos á páxina web do ministerio clicando neste enlace: Actividades do día da PazEnviado por admin o Xov, 11/04/2024 - 07:37Unha das actividades que realizaron o noso alumnado relacionado co día da Paz foi manifestarse e agasallar aos peregrinos e transeúntes da Senda da Auga cuns peequenos detalles feitos por eles e elas mesmos/as que transmitían paz. Foi unha gran experiencia que quedou plasmada nun periódico local, do que vos deixamos aquí unha copia ao igual que unhas imaxes relacionadas coa actividade. De seguro que volveremos a realziar algo similar!!
|