Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
1.- Domínguez Carrera, María
2.-Saco Rodríguez, Mercedes
Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/nai, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes de país/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018, sendo un deles proposto pola ANPA.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Vigo,17 de novembro de 2021
O/A DIRECTOR/A DO CENTRO E PRESIDENTE/A DA XUNTA ELECTORAL,
Mª Asunción Portela Sánchez