Skip to Content

Avisos

Publicación das vacantes para o curso 22-23

Publicación das vacantes de postos escolares no CEIP Igrexa Candean, para o vindeiro curso 2022-2023.

MATRÍCULA

CURSO 2022/2023

CÓDIGO CENTRO: 36010137

LOCALIDADE: VIGO

NOME DE CURSO

Nº DE VACANTES

4º EI

22+3

5º EI

19

6º EI

20

1º EP

14+3

2º EP

17

3º EP

17

4º EP

13

5º EP

19

6º EP

16

Mandatos do Meco

O Meco xa se pronunciou e estas son as súas ordes para a vindeira semana:

Calendario do proceso de admisión para o curso 2022/2023

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Do 16 de Xaneiro ao 6 de Febreiro

Reserva de praza para alumnado de 6º de Ed. Primaria que se queira matricular no centro ao que estamos adscritos (IES Carlos Casares)

O formulario normalizado ED550A deberase presentar de xeito manual no centro de orixe(CEIP Igrexa-Candeán) ou a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado

25 de Febreiro

Sorteo na Consellería de Educación e resolución das letras que resolverán posibles empates.

Antes do 1 de Marzo

Publicación das prazas que oferta o centro

Do 1 ao 21 de Marzo (ambos incluídos)

Presentación de solicitudes de admisión (Anexo II) xunto coa fotocopia cotexada do  libro de familia  ou DNI do alumno/a no centro.

A solicitude será única segundo o modelo Anexo II (ED550B) que poderá cumprimentarse:

-   A través da sede electrónica dende a aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado

-   De forma manual. Recollendo a instancia no centro ou descargándoa dende aquí: Anexo II (ED550B).

10 días  hábiles a partir do 25 de marzo

Recollida de documentación acreditativa dos criterios do baremo.

Antes do 25 de Abril

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Pódese presentar reclamación contra ditas listaxes nos seguintes 5 días hábiles contados desde o día seguinte á súa publicación.

Antes do 16 de Maio    

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos

 Do 20 ao 30 de Xuño    

Formalización da matrícula do alumnado admitido de E. Infantil e Primaria.

Se precisades máis datos tedes toda a información, os formularios e os manuais para a presentación telemática na seguinte web:

www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

Xornada de portas abertas 2022

Xornada de portas abertas 2022

Admisión alumnado para o curso 2022-2023

Prezadas familias:

Comezou o prazo para facer a reserva de praza no IES Carlos Casares para cursar 1º da ESO no vindeiro ano académico, do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

Para os nenos que o próximo ano cursan ESO noutro centro diferente ao IES Carlos Casares as solicitudes se presentarán cando se abra o prazo de admisión (mes de marzo).

Tedes tres xeitos de presentar a solicitude

1-Cubrir a solicitude informáticamente: e presentala asinada de xeito presencial no noso centro.

2-Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na sede electrónica (precisades a chave 365 ou certificado dixital).

3-Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no noso centro.

Toda a información está disponible no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Un saúdo

Proclamación de candidatos ao Consello Escolar

Adxuntamos o documento da proclamación de candidatos ao Consello Escolar, que tamén tedes colgado no taboleiro do centro.

 

Candidaturas de pais/nais ao Consello Escolar

    Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

 

1.- Domínguez Carrera, María

2.-Saco Rodríguez, Mercedes

 

 

 

 

    Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21)  corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/nai, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes de país/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018, sendo un deles proposto pola ANPA.

 

     

 

    O que se fai público para xeral coñecemento.

 

                                       Vigo,17 de novembro de 2021

   O/A DIRECTOR/A DO CENTRO E PRESIDENTE/A DA XUNTA ELECTORAL,

Mª Asunción Portela Sánchez

Distribuir contido


by Dr. Radut