FRESQUIÑA, fresquiña coma o tempo, chega a revista do CEIP do Hío.

Descárgaa no teu equipo. É interactiva. Se picas nos códigos QR ábrense audios, vídeos, fotografías...

Podes imprimila en calquera multicopista, ou no cole pagando 3 euros. Se non o fixeches, chama ao 633 124 796 para encargala.

 POR PROBLEMAS TÉCNICOS RETIRAMOS O ENLACE, EN BREVE ACTIVARÉMOLO

PROBA AGORA

- 1º DE PRIMARIA GAÑOU O CONCURSO DE MÁSCARAS DO ENTROIDO ORGANIZADO POLA "Asociación de Comerciantes do Casco Vello". Pica aquí para ver o seu traballo.

 

- 5ºA GAÑOU A FASE PROVINCIAL DO CONCURSO ORGANIZADO POLA "ONCE": CONEXIÓN ADICCIOFF.

"As familias tamén contan".

Contade un conto.

Pode ser coa participación de fillas/fillos ou quen queirades.

Pode ser lendo, dramatizando...ou...facendo coa cabeza para abaixo e os pés para arriba...

Convértete nun "Booktuber", aconsellando un libro mediante a creación dun vídeo.

Di o título, autor/a, idades recomendadas, se está indicado para antes de durmir, para rir, para superar algún problema... e comenta algo brevemente para que as compañeiras e compañeiros se animen lelo.

Envíao ao correo do cole (ceip.hio@edu.xunta.es) ou por wasap ao 633124796.

Indo a este enlace: https://es.padlet.com/clamosa/t587pnk8c85l8ig9

atoparás unha aplicación que permite facer comentarios e aportar ideas en relación cos novos patios. Será un lugar de encontro de profesorado, alumnado e familias.

Animádevos a participar, aínda hai tempo de incorporar novas propostas.

Ante as dificultades para reunírmonos coas familias interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso colexio, o profesorado preparou este vídeo-presentación.

Agardamos que vos transmita algunhas das ideas esenciais que orientan o noso labor diario.

O xoves 18 de febreiro, o alumnado de 6º participou nun obradoiro de percusión, a cargo do mestre cubano DIDIER DÍAZ.

Un resumo do obradoiro podedes velo no segunte enlace

https://player.vimeo.com/video/514402510

 

Que ritmo, QUE RITMO!!!!

QUE MARCHA!!!!

SEGUE EN DIRECTO A CHEGADA A MARTE DO ROVER EN:

https://www.rtve.es/television/20210217/sigue-directo-aterrizaje-marte/2076356.shtml

Distribuir contido