CELEBRACIÓN DO DÍA DA MÚSICA

O martes 22 de novembro recuperamos a celebración "presencial" do Día da Música, despois dos anos de pandemia.

Foi unha alegría que o alumnado e familias con dotes e paixón pola música volveran pisar o escenario. Prepararon as actuacións nas casas as semanas previas.

Aquí tedes un resumo das mostras artísticas coas que nos deleitaron.