ELECCIÓN ENTRE RELIXIÓN E ALTERNATIVA A RELIXIÓN 2022/23

Todos os anos as familias tedes o dereito de elixir se queredes que as vosas failla e fillos se matriculen en Relixión Católica ou na área alternativa.

Hoxe levan unha nota para casa que deberán traer de volta mañán facendo constar a elección.

NOVIDADES LOMLOE PARA 1º, 3º E 5º DE PRIMARIA

A RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional establece que:

- "O alumnado do primeiro, terceiro ou quinto curso de educación primaria...cursará Relixión ou Proxecto Competencial, segundo a elección da nai, do pai, da persoa titora legal..."

       - "O Proxecto Competencial dirixirase ao desenvolvemento das competencias transversais a través da realización de proxectos significativos para o alumnado e da resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade, e que poderá configurarse a modo de traballo monográfico ou proxecto interdisciplinario ou de colaboración cun servizo á comunidade. En todo caso, as actividades propostas nesta materia irán dirixidas a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre os diferentes saberes e en ningún caso."

Como o noso colexio conta con numerosos recursos ao servizo do profesorado o Proxecto Competencial pode que estea relacionado coa charca, horta, cociña, xogos de auga, acuario...

 

A 2º, 4º E 6º CONTINÚAN CO MODELO ANTIGO

Elixiran en Relixión Católica e Valores Sociais e Cívicos.