INAUGURACIÓN DO PATIO REFORMADO DO CEIP DO HÍO

Será o xoves 17 de marzo de 2022.

Os cargos relevantes que teñen confirmado asistir son:

- A Sra. alcaldesa de Cangas, Victoria Portas

- O xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Educación, César Pérez Ares

- A inspectora de educación, Estela Iglesias Cortés

- A xefa de Planificación e Programación Hidrolóxica de Augas de Galicia, Isabel Vila Vilariño

- O Patrón Maior da Confraría de Pescadores San Ciprán de Aldán, Juan Manuel Gregorio

- O representante en Cangas da UTE Civis Global-Aqualia, Francisco Comesaña

Asistiran representantes da ANPA do CEIP do Hío, dos colectivos veciñais e culturais de todas as aldeas, así como familiares e o propio alumnado do colexio.

No acto agradeceranse as moitas colaboracións recibidas, que permitiron levar adiante o proxecto. Intentaremos facerlles chegar o noso cariño e admiración.

No patio reformado do CEIP do Hío recóllese o aprendido sobre saneamento e xestión sostible da auga. Quere ser unha fonte de reflexión e coñecemento para as persoas adultas, é un espazo para que as nenas e nenos vivan e gocen preto dese elemento tan fundamental para a vida.

Os familiares e veciñanza serán recibidos ás 12:15 no patio de recreo

As persoas representantes de colectivos, cargos e colaboradoras/es serán recibidos ás 11:30, participarán nun breve acto de acollida e farán unha visita guiada ás instalacións.

Áa 12:30 será o acto inaugural cunhas breves palabras por parte do director, a xefa de Planificación e Programación Hidrolóxica de Augas de Galicia, a ANPA, xefe territorial e alcaldesa.

Rematado o acto haberá un tempo para charlar con algo máis de pausa coas persoas expertas en saneamento e xestión da auga.

O claustro de profesorado do CEIP do Hío anima, a todas as veciñas e veciños do Hío, a que se acheguen e participen no acto.

Grazas.