A EXPERIENCIA VIVIDA NO ENTROIDO 2021

Que Entroido tan especial o deste ano!!!!

Quen ía pensar que chegaríamos a isto: sen palcos nin arcos, as aldeas silenciosas sen o canto das gaitas...

Ogallá que sexa o primeiro e último ano que tal cousa sucede.

Pero, como é un ano tan especial, POR QUE NON GARDAR UN RECORDO DEL?

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponvos deixar memoria deste atípico Entroido. Animádesvos?

Escribide ou grabade os vosos pensamentos, as vosas reflexións, esperanzas e lembranzas... e enviádeas ao correo: normalizacion.hio@gmail.com

VIVA O ENTROIDO

VIVA O HÍO

VIVA O CARNAVAL!!!!!!!!