A REVISTA DO COLE, UN AGASALLO DE FIN DE CURSO

Ola familias, ola nenas e nenos do Hío:

O profesorado está rematando a revista escolar do curso 2019/20 "A Edición".

O luns día 13 estará dispoñible nesta páxina web.

Este ano trátase dunha revista telemática (acorde cos tempos da Covid-19). Ademais de textos escritos atoparedes máis de 66 enlaces online de vídeos, fotografías, audios, etc. Saídes todas e todos moi guapos.

Se algunha familia quere ter a revista impresa a cor, en papel, podedes encargala chamando ao teléfono 633 124 796 e facendo unha doazón de 5 € (a revista ten arredor de 74 páxinas), tamén podedes descargar o pdf para imprimila vos mesmos, na vosa casa ou nunha tenda de fotocopias.

Estamos seguros de que será un recordo digno de gardar por moitos anos.

Apertas desde o colexio. FELIZ VERÁN.