Este ano rematamos curso cunha xornada de portas aberta e convivencia para toda a comunidade educativa: FOLIADA NA ESCOLA.
Nesta xornada: poderemos visitar o interior da escola, participar da programación de actividades no exterior, haberá música, petiscos, postos de actividades un obradoiro de baile tradicional, etc.
Remataremos a xornada cunha foliada pola que poderedes traer os vosos instrumentos para participar da mesma.
As nenas e nenos virán á escola no horario habitual e as familias virán de 10:30 a 13:30h.
Agardamos vervos na FOLIADA NA ESCOLA!.