Skip to Content

AXUDAS DE MATERIAL CURSO 23/24

Informamos que o prazo para solicitar as axudas de material para o curso 23/24 será do 20 de maio ao 21 de xuño.

A presentación das solicitudes realizarase preferiblemente por vía electrónica, no formulario dispoñible na aplicación fondolibros, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente poderase presentar na escola ou calquera rexistro oficial. Para a presentación na escola haberá que solicitar CITA PREVIA, enviando un correo electrónico a ceip.heroinas.salvora@edu.xunta.gal.


O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na escola. Podedes recollelo na secretaría do cole en horario de 12:00 a 13:00.

O alumnado que cambie de centro (IES ou outros centros de Primaria), tramitará a solicitude no centro no que foi admitido para o curso 23/24.


Pódese consultar toda a información relacionada con este tema aquí.



page | by Dr. Radut