Skip to Content

Educación Física

Deporte escolar 3

O pasado 26 de marzo visitáronnos os compañeiros de 2º e 3º ciclo de Pazos de Reis. Como sempre foi unha xornada lúdica - competitiva onde todos os nenos e nenas esforzáronse para facelo o mellor posible. Aquí van algunhas fotos:

Deporte escolar 2

Onte, 12 de febreiro tivemos a IIª xornada de deporte escolar, visitamos ao CEIP Nº 1. Fomos as clases de 3º e 5º, para os primeiros foi unha nova experiencia e gustoulles tanto que xa están desexando repetir. Gañamos uns partidos, outros non, pero a deportividade e o compañeirismo foi o que prevaleceu toda a xornada. 

Deporte escolar

O 30 de xaneiro os nenos e nenas de 4º e 6º visitamos aos nosos compañeiros do CEIP de Rebordáns para participar nunha nova edición de Deporte escolar e pasámolo fenomenal!! Eso sí, para o próximo curso teremos que ir máis abrigados porque facía un frío....

Deporte escolar

O próximo mércores 11 de decembro visitarannos os alumnos/as do CEIP Altamira para unha nova xornada de deporte escolar

Atletismo

 O pasado 6 de novembro celebrouse a Iª Xornada de Atletismo en Pista para os alumnos/as de 4º de Primaria nas instalacións da Macoca. Pásamolo en grande competindo con outros coles de Tui e de Tomiño.

 

Voley

Hoxe, 7 de outubro, visitounos Ángela, xogadora do Black Voley Vigo e deunos unhas clases maestras aos alumnos/as de 5º e 6º deste apaixoante deporte. Aquí van algunhas fotos

Kayak

O xoves 13 de xuño os rapaces e rapazas do 3º ciclo tivemos a sorte de ir visitar o Centro Municipal de Piragüismo de Tui. Aquí vos vai unha mostra da fantástica mañá que pasamos

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut