REUNIÓN

   
   

 

ESTE MÉRCORES DÍA 8 DE XUÑO ÁS 16:30h REUNIÓN DE TÓDOLOS SOCIOS DA ANPA "VISTA ALEGRE" NO XIMNASIO DO CEIP ESPEDREGADA PARA TRATAR TEMAS IMPORTANTES. GRAZAS!

 

 

 

UN ANO MÁIS REALIZAREMOS A FOTO DE GRUPO DOS ALUMNOS DO CEIP ESPEDREGADA PARA QUE QUEDE UNHA LEMBRANZA COS COMPAÑEIROS. A FOTO FARÉMOLA O XOVES 26 DE MAIO E PARA SAIR NELA É IMPRESCINDIBLE ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ASINADA.

 

 

 

 

 

 

 

NOVAS SOBRE UNIFORMES ESCOLARES

Tras a sondaxe realizada co tema dos uniformes, a metade das respostas foron a favor do seu uso.

Os uniformes que atopamos estarían formados por pantalón, saia, xersei ou chaqueta e dous polos brancos. O seu prezo sería de 34 euros.

Todos aqueles que estedes interesados só tedes que poñervos en contacto con calquera membro da ANPA.

 NOVAS SOBRE O BANCO DE LIBROS

Sabemos que hai familias que non conseguiron os libros no fondo solidario que organizou a Consellería, polo que desde a ANPA vos lembramos que estamos a organizar un banco de libros a espera das vosas doazóns (libros que non cambiaron e que non tivestes obriga de devolver).

O prazo para entregalos sería a primeira semana de setembro ( do 1 ao 4) no colexio.

O martes 8 de setembro as 16:00h levaremos a cabo o reparto dos libros que haxa entre os presentes (pode vir calquera familiar en representación).

***Todos os beneficiarios desta axuda teñen a obriga de devolvelos ao final de curso para que outros alumnos os poidan usar.

LEMBRAMOS QUE É OPCIONAL

Powered by Drupal - Design by artinet