SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CENTRO CEIP ESPEDREGADA

 

A Dirección do CEIP ESPEDREGADA informa ás familias :

Prazo de presentación da solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo neste centro. Do 1 ao 20 de marzo por sede electrónica.

A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixitalou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería (dirección https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.

Os formularios estarán dispoñibles , no centro e na aplicación, o 1 de marzo de 2024.

FORMULARIOS:

ED-550B- GALEGO

ED-550-CASTELÁN

 

AdxuntoTamaño
ED550B-G_0.pdf1.39 MB
ED550B-C.pdf1.4 MB

Powered by Drupal - Design by artinet