SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CENTRO CEIP ESPEDREGADA, CURSO 2023-2024

A Dirección do CEIP ESPEDREGADA informa ás familias :

Prazo de presentación da solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo neste centro.

Do 1 ao 20 de marzo por sede electrónica.

a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

-Cubrir os formularios na aplicación admision alumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

-Descargar os formularios da aplicación admision alumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección  http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería (dirección https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial:

Os formularios estarán dispoñibles , no centro e na aplicación, o 1 de marzo de 2023

AdxuntoTamaño
ED550B.pdf1.38 MB

Powered by Drupal - Design by artinet