INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 

 

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

O alumnado de 6º de Ed Primaria que pretenda continuar estudos no centro adscrito, IES Fontela (Poio), para os efectos de reserva de praza, deberá remitir por correo electrónico a: ceip.espedregada@edu.xunta.es ou cumprimentar a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado ED550A que se presenta a continuación para descarga, como ficheiro adxunto.

Ante calquera dúbida poñerse en contacto co centro no teléfono: 886151463/64

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán o día 25 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Adxuntos: ED550A GAL

                 ED550 CAST

AdxuntoTamaño
ED550A GAL.pdf1.23 MB
ED550A-CAST.pdf1.34 MB

Powered by Drupal - Design by artinet