FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022-2023

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022-2023

 

O ALUMNADO DE 1º, 2º ,3º E 4º DE E.P. UTILIZARÁ LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO 2022-2023, POLO TANTO, DEBEN SOLICITAR A AXUDA FONDOLIBROS.

 

5º E 6º DE EP PARTICIPAN NO PROGRAMA EDIXGAL, POLO TANTO, UTILIZARÁN ORDENADORES E LIBRO DIXITAL.

 

Axudas para adquirir material escolar:para o alumnado matriculado en toda educación primaria.

 

Quen as solicita: Nai / pai ou titor/a legal do escolar.

 

Onde se presenta: No centro escolar ou mediante a sede electrónica:

 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

Prazo de presentación:Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

 

Requisitos: para axuda do material ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. Para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65% pode solicitar con calquera renda per cápita.

 

Contía da axuda de material: 50€

 

Contía axuda para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65% : 50 €

 

Obrigas dos beneficiarios:destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

COMO SE SOLICITA:

 

Cóbrese o anexo I completo e o anexo II (para a autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante). Debe estar asinado por todas as persoas membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

 

A solicitude será única para todos/as fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

 

TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:

 

As solicitudes presentaranse onde o alumnado vaia a estudar o próximo curso ou a través da aplicación Fondolibros, onde unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

 

1.  Presentación no centro (*)

 

2.  Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

(* O alumnado de 6º E.P. que non teña asignado centro para o curso 2021-2022 deberá presentar a solicitude Fondolibros no CEIP ESPEDREGADA)

 

Unha vez tramitadas, xerarase un vale que se entregará aos interesados. Unha vez recibido o vale, o interesado deberá entregalo no establecemento libremente elixido para adquirir o material.

 

PARA ACLARACIÓNS ou unha información máis completa:

 

A información anterior é un resumo da orde de 29 de abril de 2022 que se pode consultar no DOG do día 18 de maio.http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet