PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS


Iniciase a tramitación da participación no procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código do procedemento ED330E)
a) Non ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda a material no curso 2020/21

b) Ten que presentar solicitude de forma presencial no centro: o alumnado que non foi beneficiario de axuda de material no curso actual 2020/21 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6.000€
  • Alumnado matriculado en educación especial
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

c) O prazo de presentación das solicitudes (impreso e documentación) para o alumnado que cumpra as anteriores condicións será desde o 16 de novembro ao 27 de novembro incluido.

d) Para a presentación das solicitudes no centro debe chamar con antelación para concertar unha cita con secretaria ao teléfono 886151463 ou o móbil 619713587

Descargar o impreso para a solicitude no seguinte anexo, faga clic aquí.

Para ver a orde, faga clic aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet