Mandato do mércores

 

Este é o mandato do mércores.

Pincha na imaxe.

Mandato_mercores

Mandatos de Manolo para o martes

Se queres saber o mandato do martes pincha na imaxe.

 

 

 

Mandatos de Manolo

Ola familias,

Empezamos a semana do Entroido cos mandatos de Manolo.

Se queredes saber o que hai que traer o luns, pinchade na imaxe para descubrilo.

 

DÍA DA AMIZADE E O AMOR

A AMIZADE CELÉBRASE EN ESPEDREGADA CUN RECUNCHO ESPECIAL.

Recuncho da Amizade e o Amor

RECUNCHO DA AMIZADE E O AMOR

DA BIBLIOTECA DO CENTRO.

TALLER PARA AS FAMILIAS

Un curso máis, o CEIP Espedregada ofrece

unha charla informativa para familias a cargo do gabinete GAPEFA.

Terá lugar o mércores día 12 de febreiro ás 16:00 horas no propio centro

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 

Un ano máis, celebramos o Día da Paz coas nosas queridas compañeiras da Casa Rosada.

Primeiro, os alumnos e alumnas do sexto curso leron o manifesto sobre A Paz, despois recitamos o poema, "La Paz" da autora á que adicamos o proxecto da biblioteca, Gloria Fuertes e a continuación cada grupo presentou a súa vacina para conseguila Paz. Por último, rematamos coma sempre cunha canción a ritmo de pandeiretas e aturuxos.

 

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

COMEZA A FASE DE RESERVA DE PRAZA PARA O IES

DO 1 AO 17 DE FEBREIRO

CUBRIR SOLICITUDE E ENTREGAR NO CENTRO

PÓDESE DESCARGAR O FORMULARIO NO ARQUIVO ADXUNTO

FELICITACIÓN DE NADAL

postal_1postal_2

 

A nosa alumna Mencía Garrido Naveira, gana o concurso de mobilidade sostible organizado pola Policía Local de Poio

Mencía recibindo o premio

Mencía ganou o concurso co lema:

- FUME, + VIDA. CAMIÑA!

Asistiron ao evento a Concelleira de Educación, a Concelleira de Deportes e o sarxento da Policia Local.

BIBLIOTECA CEIP ESPEDREGADA

 

Ola familias, recordámosvos que a biblioteca do centro está aperta dende o 1 de outubro, e podedes visitala os luns, mércores e xoves de 16:00 a 17:30.

Para máis información, animámosvos a visitar o Blog da Biblioteca.

Powered by Drupal - Design by artinet