PLAN DE ACOLLIDA DO CEIP ESPEDREGADA PARA O CURSO 2020-2021

A continuación, presentamos o Plan de acollida do CENTRO para o curso 2020-2021 (Anexo VIII do Plan de adaptación á situación Covid no que se reflicten medidas organizativas e pedagóxicas coa fin de garantir a seguridade e previr riscos na nosa comunidade educativa. Este documento é un primeiro borrador aberto a modificacións que impliquen a súa mellora.

FACER CLIC NO ADXUNTO

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Estimadas familias,

Para garantir a saúde e seguridade de  toda a nosa comunidade educativa é imprescindible, máis ca nunca, a estreita colaboración familia-escola.

Todos os días deberedes realizar a enquisa de autoavaliación e de ter algún dos síntomas que se recollen nela  non se debe enviar á nena ou ao neno ao centro.

A este efecto facémosvos chegar a "Declaración responsable" que, segundo o Protocolo Covid-19 nos centros educativos, deberedes cumprimentar e remitir o máis axiña posible, ao correo electrónico do blog de cada nivel.

Unha vez máis agradecemos o voso compromiso e colaboración.
Un saúdo.

FACEDE CLIC NOS ADXUNTOS

SOLICITUDES DE BOLSAS DO MEC

 

Información ás familias do departamento de orientación do CEIP

Espedregada

 

Aberto o prazo de solicitudes de bolsas do MEC para ALUMNADO CON

NECESIDADE EDUCATIVA DE APOIO EDUCATIVO para o curso 2020-21.

 

SOLICITUDES:

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección http://www.educacionyfp.gob.es.

Ligazón directa: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

Para a presentación da solicitude, hai dúas formas:

  • Solicitantes con claves electrónicas de administracións públicas con certificado de firma electrónica: presentará a través do rexistro telemático deste Ministerio de educación, achegando un escaneado dos certificados correspondentes.

 

Solicitantes sen certificado de firma electrónica: imprimirán o modelo de solicitude e presentarano, unha vez asinado por todos os membros da unidade familiar que deban facelo, no centro educativo no que se vaian a realizar os estudos durante o curso 2020-2021. Neste caso deben solicitar cita previa para entregar a documentación no centro no teléfono do centro educativo 886 15 14 63 do CEIP Espedregada os luns de 9 a 14 horas e os xoves de 12:15 a 14:00(Horario da orientadora)

 

PRAZO: 9 DE AGOSTO- 30 DE SETEMBRO 2020

 

BENEFICIARIOS

A) Os alumnos que presentan necesidades educativas especiais derivadas de

discapacidade ou trastorno grave de conduta.

Requisitos: Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante:

- Certificado de discapacidade de, polo menos, o 33 por cento

- Certificado do departamento de orientación

B) Os alumnos con TEA (Trastorno do espectro autista) non incluídos na letra A)

- achegar certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con

fondos públicos.

- acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante certificado do

departamento de orientación.

C) Alumnos de altas capacidades- sempre que dita necesidade fose acreditada

mediante certificado do departamento de orientación.

 

TIPOS DE BECA E CONTÍAS

Reeducación pedagóxica e da linguaxe. Max 913 euros

 

DOCUMENTACIÓN

 

Para as axudas de reeducación pedagóxica ou da linguaxe:

1º. Certificación expedida polo inspector da zona.

2º Informe específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou

do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa e as

horas semanais.

3°. Memoria expedida polo centro ou reeducadorque preste o servizo na que

conste información detallada das características do mesmo, incluíndo número de

horas semanais e especialista que o presta así como do custo mensual.

 

4°. Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou

da linguaxe de que reúne os requisitos de formación esixidos.

5º Outros:

-En función do tipo de beneficiario (certificado de discapacidade e ditame técnico

emitido pola Consellería de Política social, informe médico obrigatorio no caso de

alumnos con Trastorno do Espectro Autista…)

- En función da situación familiar (Título de familia numerosa, certificado de

familia monoparental, certificado de orfandade absoluta, certificado de

convivencia con avós ...)

 

 

MAIS INFORMACIÓN SOBRE BOLSAS

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-

educativo/tipos-de-becas.html

 

 

 

 

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO 2020-2021

Ola familias, queriamos informarvos que o comezo do novo curso, farase de forma escalonada.

 

      O día 10 empezarán:  -  4º e 5º de Infantil

                                          - 1º, 2º, 3º de Primaria

 

      O día 11 o resto:        - 6º  de Infantil

                                         - 4º, 5º e 6º de Primaria

 

O centro está a preparar o plan de adaptación á situación COVID. En breve o poremos á disposición da comunidade educativa.

Un saúdo.

 

LISTAXE DE SOLICITUDES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para acceder á listaxe provisional de admitidos, pinchar no arquivo adxunto.

FORMALIZACIÓN DA MATRICULA PARA ALUMNADO ADMITIDO

Para formalizar a matricula as familias deberán presentar a seguinte documentación do 1 ao 10 de xullo, na secretaría do centro en horario de 09 ás 14 horas de luns a xoves.

  • Impreso de formalización da matricula Anexo III
  • Cuestionario sobre a lingua materna
  • 2 fotografías tipo carné
  • Impreso de opcion de Atención Educativa- Relixión
  • Autorización para o uso da imaxe do alumnado en contextos educativos.
  • Ficha de usuario/a de transporte escolar
  • Autorización de recollida
  • Cuestionario para as familias                                            

       *Chamen ao centro se precisan algunha aclaración.

Os impresos están todos adxuntos (por orde) ao final.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/2021

NO ARQUIVO ADXUNTO ATÓPASE O LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2020/2021

FOLLA DE ACTUALIZACIÓN DE DATOS

No seguinte adxunto poden descargar a folla de actualización de datos do alumnado.

Aquelas familias que rexistren un cambio:

- de domicilio.

- teléfono.

- cambio da materia relixión ou valores.

- ou outros cambios, como transporte.

Cumplimentar e entregar no Centro antes do 10 de xuño.

Moitas grazas.

MATRÍCULA 2020/21

COMUNÍCASE QUE TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS PARA RESERVAR PRAZA  PARA O CURSO 2020/21 ESTÁN ADMITIDAS

 

DEBERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA DO 1 AO 10 XULLO

ÁBRESE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS E FONDO SOLIDARIO 2020/21

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B). Facer clic AQUÍ para ver a orde.

  1. Apresentación da solicitude:

  • O prazó abranguerá dende o día 20 ata 19 de xuño (ámbolos dous inclusive).

  • No horario de 10 – 14h luns e mércores

  • Poderá facerse:

  • vía online en: https://sede.xunta.gal/chave365

  • presencialmente, no propio centro, con cita previa.

  1. Cómo solicitar a cita previa:

  1. Cando acudas ao Centro:

  • O centro proporcionará as medidas para garantir a seguridade das familias e do persoal docente (hixiene, máscaras e luvas) e limpeza.

  • No entrada atoparás unha mesa:

  1. mesa con luvas: con un par de luvas que deberás porte.

  • A continuación entrarás pola porta.

  • Na entrada atenderémoste dende a fiestra da fotocopiadora

OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES

  • A Presentación da documentación acreditativa será ata o 19 de xuño.

  • A Publicación das listaxes provisionais será 10 de xullo.

  • A Publicación das listaxes definitivas será 20 de xullo.

  • O Prazo de entrega dos libros do curso 2019-20 será ata o 7 de xullo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet