INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2022/2023

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o  11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O alumnado de 6º de Ed Primaria que pretenda continuar estudos no centro adscrito, IES Fontenla Poio, para os efectos de reserva de praza, deberá remitir por correo electrónico a: ceip.espedregada@edu.xunta.es   ou cumprimentar a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o  formulario normalizado ED550A que se presenta a continuación para descarga, como ficheiro adxunto.

Ante calquera dúbida poñerse en contacto co centro no teléfono: 886151463

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán o día 25 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Normativa de aplicación:

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 *Formulario normalizado ED550A (facer clic no idioma desexado)

   En castelán

   En galego

CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

PARA VER A RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS PREMER AQUÍ

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

Iníciase a tramitación da participación no procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado segundo a ORDE do 28 de novembro de 2021

pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación

secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso

2021/22 (código de procedemento ED330E).

 

a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO:o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no

    curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

c) O prazo de presentación das solicitudes ( impreso máis documentación complementaria) para o alumnado non beneficiario da axuda de material

    escolar no curso 2021-2022, que cumpra as anteriores condicións será do día 15 de novembro ao 26 de novembro incluído.

d) Horario de secretaría para presentación das solicitudes Martes de 9:00 a 10:00 e xoves de 13:10 a 14:00h.

   

     Descargar impresos para a solicitude nos seguintes adxuntos.

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ADXUNTAMOS A CONVOCATORIA E O MODELO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

INFORMACIÓN SOBRE O COMEZO DO CURSO 2021-2022

 

PREMER AQUÍ PARA VER A INFORMACIÓN.

PLAN DE CONTINXENCIA DO CEIP ESPEDREGADA 2021-2022

A continuación presentamos o Plan de continxencia do CEIP Espedregada á COVID para o curso 2021-2022, no que se reflicten as actuacións e procesos que se levarían a cabo de xurdir algún abrocho ata o reinicio da actividade académica presencial ( Anexo X do Plan de adaptación á situación COVID). Este documento foi revisado e novamente publicado coas útimas modificacións.

 

Premer aquí para acceder ao Plan de Continxencia.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CEIP ESPEDREGADA 2021-2022

A continuación presentamos a actualización do Plan de adaptación do CEIP Espedregada á COVID-19 para o curso 2021-2022,  no que se reflicten as medidas adoptadas nesta situación excepcional coa fin de garantir a seguridade e previr riscos na nosa comunidade educativa. Este documento será revisado, actualizado e publicado seguindo instrucións da Consellería. 

 

  • PLAN CEIP ESPEDREGADA DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN, premer aquí.

 

  • ANEXO I ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA, premer aquí.

 

  • ANEXO III MODELO DE SOLICITUDE PARA A DETRERMINACIÓN DE PERSOAL ESPECIALMENTE SENSIBLE, premer aquí.

 

  • ANEXO IV MODELO DE CERTIFICACIÓN DE CONDICIÓNS DE SEGURIDADE NO CENTRO EDUCATIVO, premer aquí.

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS

FACER CLIC AQUÍ PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

PARA VER O LISTADO DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2021-2022, FACER CLIC AQUÍ.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2021-2022

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2021-2022

Para a formalización da matrícula, as familias deben presentar a seguinte documentación do 20 ao 30 de xuño, na secretaría do centro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, o luns e o venres :

 

  •  Impreso de formalización de matrícula. (Anexo III-1 da orde do 12 de marzo de 2013).
  •  4 fotografías tamaño carné da nena ou neno.
  •  Tarxeta sanitaria.

        Adxúntanse os impresos de formalización da matrícula e o Anexo III-1.

     *IMPORTANTE, DO 2º ADXUNTO (Anexo III-1), DESCARGALO E SÓ CUBRIR O ANEXO III-1.



Powered by Drupal - Design by artinet