LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

FACER CLIC AQUÍ PARA VISUALIZAR O LISTADO DE LIBROS

INVITACIÓN FESTA DE GRADUACIÓN

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022-2023

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022-2023

 

O ALUMNADO DE 1º, 2º ,3º E 4º DE E.P. UTILIZARÁ LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO 2022-2023, POLO TANTO, DEBEN SOLICITAR A AXUDA FONDOLIBROS.

 

5º E 6º DE EP PARTICIPAN NO PROGRAMA EDIXGAL, POLO TANTO, UTILIZARÁN ORDENADORES E LIBRO DIXITAL.

 

Axudas para adquirir material escolar:para o alumnado matriculado en toda educación primaria.

 

Quen as solicita: Nai / pai ou titor/a legal do escolar.

 

Onde se presenta: No centro escolar ou mediante a sede electrónica:

 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

Prazo de presentación:Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

 

Requisitos: para axuda do material ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. Para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65% pode solicitar con calquera renda per cápita.

 

Contía da axuda de material: 50€

 

Contía axuda para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65% : 50 €

 

Obrigas dos beneficiarios:destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

COMO SE SOLICITA:

 

Cóbrese o anexo I completo e o anexo II (para a autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante). Debe estar asinado por todas as persoas membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

 

A solicitude será única para todos/as fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

 

TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:

 

As solicitudes presentaranse onde o alumnado vaia a estudar o próximo curso ou a través da aplicación Fondolibros, onde unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

 

1.  Presentación no centro (*)

 

2.  Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

(* O alumnado de 6º E.P. que non teña asignado centro para o curso 2021-2022 deberá presentar a solicitude Fondolibros no CEIP ESPEDREGADA)

 

Unha vez tramitadas, xerarase un vale que se entregará aos interesados. Unha vez recibido o vale, o interesado deberá entregalo no establecemento libremente elixido para adquirir o material.

 

PARA ACLARACIÓNS ou unha información máis completa:

 

A información anterior é un resumo da orde de 29 de abril de 2022 que se pode consultar no DOG do día 18 de maio.http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

 

 

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN FORON ADMITIDAS

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión do novo alumnado para o curso 2022-23 informamos que todas están admitidas.

Os días 22 de abril e 13 de maio publícaranse os listados povisionais e definitivos de admitidos para o vindeiro curso.

O PRAZO DE MATRICULA É DO 20 AO 30 DE XUÑO. Lembramos que hai que realizar a matricula no prazo establecido ou perderase o dereito a praza. 

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

Segundo a ORDE do 12 de marzo de 2013 e a ORDE do 25 de xaneiro de 2017,  os prazos previstos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:

FACER CLIC AQUÍ PARA LER MÁIS.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CENTRO CEIP ESPEDREGADA

FACER CLIC AQUÍ PARA LER MÁIS.

LEXISLACIÓN APLICABLE

FACER CLIC AQUÍ  PARA LER MÁIS.

ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO COVID

A Consellería de Educación anunciou novidades sobre o manexo de casos positivos, contactos estreitos e corentenas en contornas escolares, que seguiremos de agora en diante.

Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

- As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado COVID permanecerán 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivesen síntomas durante polo menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

- Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningun caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro se xa non presenta sintomas tras os 7 dias de illamento.

- No caso de alumnado menor de 12 años, ante a aparición dun primeiro caso na aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, con independencia do seu estado de vacinación. Isto inclúe a Educación Infantil 3-6 años. Se fosen contactos externos estreitos dun positivo ao colexio, entón si que deben gardar corentena, a non ser que teñan a pauta de vacinación completa.

- Ante 5 ou máis casos confirmados de infección activa na mesma aula seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos, con posibilidade de peche da aula completa se así o determinasen como autoridades sanitarias.

- Os e as responsables COVID dos centros educativos, informarán aos familiares ou titores legais do resto dos nenos e nenas dunha clase onde se detectaron casos confirmados, da situation e indicaráselles que durante os 10 días poseriores á exposición, extremen as precaucións e reduzan todo o posible as interacciones sociais utilizando de forma constante a máscara de acuerdo coa lexilación vixente. Especialmente débese evitar o contacto con personas vulnerables. Así mesmo, indicaráselles que ante a aparición de síntomas compatibles non acudan a clase e contacten co sistema sanitario segundo se estableceu en cada CCAA.

Desde o colexio, como ata agora, seguiremos informando dos casos positivos confirmados que haxa en cada aula para coñecemento das familias.

Agradecemos ás familias a implicación que están a amosar á hora de comunicar novos casos positivos e a súa colaboración ante as diferentes medidas que imos adoptando seguindo as indicaciones das autoridades sanitarias. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet