Skip to Content

Aclaracións

Co fin de aclarar dúbidas que poidan ir xurdindo ao longo destes dias con respecto ás actividades plantexadas, primeiramente que tal e como aparece recollido nas medidas a adoptar en todos os centros de ensino non universitario (12-3-2020):

  • O profesorado programará nas páxinas webs dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas con contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terá carácter de avaliables.

Por outra banda, comentar que:

  • Os exercicios onde haxa listenings non se farán ao non dispoñer o alumnado dos audios.
  • A realización de determinadas actividades dependerá dos medios de cada familia. Hai actividades que non hai porque imprimir, xa que se poden facer directamente sobre o caderno. Neste sentido, cada familia optará pola maneira que mellor lle veña.
  • Non hai porque facelo todo, trátase dunha proposta extensa nalgúns casos, co fin de non perder o traballo durante esta suspensión temporal das clases.
  • No caso de que a situación se alargase, colgaranse mais actividades para que o alumnado poida seguir traballando.

 

Volvemos a recordar que para calquera cuestión, escribídenos ao correo ceip.escarabote@edu.xunta.es. Agradecemos que no concepto poñades o nome da profe á que vai dirixido.

GRAZAS POLA COLABORACIÓN E MOITO ÁNIMO!



page | by Dr. Radut