Como cada 23 de febreiro, celebramos no cole o aniversario de Rosalía de Castro. Desta volta, decoramos as escaleiras do interior do cole coa súa poesía "Desde aquí vexo un camiño.
O alumnado aprendeu tamén a canción de Rocksalía do grupo "Pink and blue teachers".
O 24 de febreiro terá lugar a primeira charla de Espazo familias na casa da Cultura de Boiro de 17:30 a 19:30. Haberá servizo de canguraxe para quen o precise.
Para asistir é necesaria previa inscripción no enlace :
A listaxe de material está en arquivo adxunto por cursos. No caso do alumnado de 5º de Infantil, (4 anos) a titora informará ás familias, durante a reunión de principio de curso, do material necesario.