O Concello de Boiro, Cáritas e os centros de ensino do municipio organizan unha andaina solidaria por un tramo do camiño A Orixe ao seu paso por Boiro e que ten como obxectivo recadar alimentos para Cáritas. O percorrido sairá ás 10.00 horas da Estivada e percorrerá uns 4 quilómetros ata chegar á Praza do Concello.
O Equipo de Biblioteca convida a todas as familias do centro a asistir á charla de Joaquín Castaño que leva por título: "Familia e escola: Como podemos axudar no manexo das emocións. Será o día 16 de marzoás 17 horas cunha duración estimada de 2 horas.
Como cada 23 de febreiro, celebramos no cole o aniversario de Rosalía de Castro. Desta volta, decoramos as escaleiras do interior do cole coa súa poesía "Desde aquí vexo un camiño.
O alumnado aprendeu tamén a canción de Rocksalía do grupo "Pink and blue teachers".
O 24 de febreiro terá lugar a primeira charla de Espazo familias na casa da Cultura de Boiro de 17:30 a 19:30. Haberá servizo de canguraxe para quen o precise.
Para asistir é necesaria previa inscripción no enlace :