Skip to Content

MENÚS COMEDOR ESCOLAR 1º TRIMESTRE

Para acceder ao menú de comedor escolar preme na parte inferior.

LISTAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2024/2025

A continuación adxuntamos as listas de material para o alumnado de Educación Primraia. Para acceder a elas preme no enlace da parte inferior.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 4 E 5 ANOS

As familias do alumnado de 5º e 6º de educación infantil están convidadas a unha reunión de inicio de curso que terá lugar o martes 10 de setembro ás 11:00 horas nas súas respectivas aulas. AGARDÁMOSVOS!!

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS

Lembrade que o venres 6 de setembro ás 11:00 horas na aula de 3 anos, terá lugar a reunión das familias dos nenos/as que comezan educación infantil. AGARDÁMOSVOS!!

BENVID@S A UN NOVO CURSO ESCOLAR!!

O equipo docente do CEIP Escarabote quere darvos a benvida ao curso 2024/2025. Aquí comeza unha nova historia onde familia, mestres e alumnado camiñaremos de forma conxunta para que este sexa un gran ano. Comezamos cheos de ilusión, estades preparados?

 

PROXECTA + PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Bo día familias!

Dende o cole queremos ensinarvos algunhas actividades deportivas que se fixeron no cole ao longo deste curso.

Esperamos que vos gusten.

Feliz verán!

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Dende o luns 1 e ata o venres 5 de xullo, podedes consultar a listaxe provisional entrando na aplicación Fondo Libros- menú cidadán, ou consultando os datos na porta principal do centro.

O luns 8 de xullo publicaremos a listaxe defintiva.Podedes recoller os cheques de material e libros de texto o martes 9, mércores 10 e xoves 11 de xulllo na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:30 horas.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 24/25

Dende o luns 1 de xullo e ata o venres 5 de xullo, podedes consultar na entrada principal do cole en horario de 10:00 a 13:30 horas, a listaxe provisional de admitidos para o comedor escolar, así como o baremo empregado. Lembrade que os usuarios de comedor do curso pasado xa teñen garantizada a súa praza. O vindeiro luns 8 de xullo sairá publicada a listaxe definitiva de usuarios de comedor.

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 24/25

FESTA DE FIN DE CURSO ANPA A CANTEIRA

Distribuir contido


by Dr. Radut