Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

20/05/2024 23:35
Europe/Madrid

Green & Tan Readers Book Lover List Informational Infographic de Laura Blanco

 

Dende o 21 de maio e ata o 21 de xuño, está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros e material escolar para o vindeiro curso 2024-2025.

Recolle todo o referente a este fondo solidario a Orde do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio 2024).

Adxúntase nos anexos a solicitude que se debe cumplimentar para acceder a estas bolsas, xunto cun manual de preguntas frecuentes.

Calquera outra dúbida podedes consultala no centro.

 

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice a aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros e presente solicitude na Sede Electrónica(inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

       NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

 

 

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla).
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN

A solicitude deberá estar asinada polo nai, pai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

 

Documentación que se debe entregar:

 1. SOLICITUDE: ANEXO I e ANEXO II

 b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

 En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 1º. Certificado ou volante de convivencia.

 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

 

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

MANUAL FONDO LIBROS 24-25

ANEXO I E II 

 

 

AdxuntoTamaño
MANUAL FONDO LIBROS 24-25.pdf2.18 MB
ANEXO I E II FONDO LIBROS 24-25.pdf1.88 MB