PROGRAMA MENCER NA ESCOLA

 

O Concello de Cabanas, dende fai varios anos, desenvolve, ao longo do curso escolar, o programa MENCER NA ESCOLA, como medida de apoio para posibilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral. 

Trátase dun programa dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP Eladia Mariño, que se desenvolve tódalas mañás lectivas do curso escolar desde as 07:30 ás 09:30 horas. Durante o mesmo se realizan actividades recreativas e socioeducativas para os nenos e nenas e se proporcionan almorzos saudables para aqueles que o soliciten.

Mais información no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabanas, ou no teléfono: 981495959 (ext.2).