Actividades extraescolares

Actividades Extraescolares

Actividades extraescolares

 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Están organizadas pola ANPA, terán lugar entre os meses de outubro a maio (ambos incluídos) e cada curso académico ofértanse diferentes actividades

que, segundo o número de solicitudes, lévanse a cabo en horario de 16:15h a 18:15 h.

Entre as actividades ofertadas adoitan estar: debuxo e manualidades, cociña, cómic, patinaxe, taekwondo,

balonmán, intelixencia emocional...

 

USO DA BIBLIOTECA DO CENTRO

En horario de tarde (16:15h a 18:15 h) estará unha mestra de garda na biblioteca do centro todos os días (menos os martes) dende outubro a maio

para atender ó alumnado que non asista ás actividades extraescolares e estea agardando a que o recollan as súas familias ou para aquel/a que precise

facer algún tipo de tarefa, taballo,... e necesite material da biblioteca ou ter un sitio onde xuntarse para traballar en equipo.

 

      
 

NORMAS E RECOMENDACIÓNS PARA A ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 

 

A asistencia ás actividades de tarde é voluntaria e ademáis recomendable,

sempre que se dosifique oportunamente tendo en conta a idade dos nen@s e as

súas aptitudes e intereses…

2º Os pais dos nen@s que asistan ás actividades extraescolares deberán estar

sempre localizables por teléfono.

Nas actividades de biblioteca, ludoteca e videoteca, o mestre/a non

dirixe a actividade, simplemente  a supervisa, está presente. Para os alumn@s, permanecer dúas horas seguidas

nestes espacios pode resultar moi longo (sobre todo para os pequenos). O recomendable é que combinen estes

espacios con algunha actividade da ANPA.

A biblioteca é un espacio de lectura e estudio en silencio

Se queren ler, poderán atopar moitísimos libros, pero lembrade que sempre deben traer o seu

propio material (caderno, lapis cores,…) para realizar algunha tarefa complementaria á lectura,

tanto se están en E. Infantil coma en E. Primaria.

Non se pode comer nin beber durante as actividades extraescolares.

As merendas deberán reservarse para despois destas actividades.

O horario  de actividades extraescolares é de 16:15 a 18:15.

 No caso de que algún nen@ deba saír habitualmente antes da hora,

deberá traer unha autorización firmada polos pais e entregala o titor/a.

Cando un nen@ teña que saír algún día antes das 18:15, deberá vir buscalo

a persoa responsable e firmar unha autorización de saída igual que se fai

durante a xornada escolar.

Non se pode ir a actividades nas que non se

estea anotado, xa que se interrompe e provócase distraccións nos compañeir@s.

Os alumn@s que non veñan ás actividades da tarde non poderán utilizar

as instalacións do centro (Aulas, patios, espacios comúns,…) en horario de

16:15-19:15 os martes, e de 16:15 a 18:15 o resto de días lectivos.

9º Está prohibida a entrada no recinto escolar de

calquer medio de transporte (coches, motos e bicicletas) salvo persoal autorizado,

tanto pola propia seguridade dos nen@s como conservación do centro.                             

                                                       

 

                                                                                                                

Powered by Drupal - Design by artinet