Iniciar sesión: Acceso

LEXISLACIÓN APLICABLE

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022: LEXISLACIÓN APLICABLE

      Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria e de bacharelato

Orde do 12 de marzo de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, DOG Núm. 53,  pola que se desenvolve o procedemento de admisión.

Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, DOG Núm. 22, que modifica o desenvolvemento e procedemento de admisión.

 Orde do 18 de decembro de 2020 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, DOG nº 256, que modifica o desenvolvemento e procedemento de admisión. .

 

       INFORMACIÓN A TER EN CONTA

 

Cada alumna ou alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

As solicitudes axustaranse ao modelo oficial, ED550-G. Debe cumprimentarse axeitadamente e será asinada por calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/fillos comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

No caso de separación ou divorcio requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo.

En situacións de violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal e fotocopia:

1 - Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

2 -  Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (DNI ou libro de familia no seu defecto).

3 -    Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o   caso.

Para a valoración da renda per capita da unidade familiar, as persoas interesadas deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible, no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar, no caso de declaración individual . A tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 e 460 da correspondente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do ano 2019.

E Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar referidoao día 28 de febreiro de 2021

Para a aplicación da puntuación do criterio, utilizarase o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao ano 2019, que está cifrado en  6.454,03 (12 pagas) e 7.519,59 (14 pagas) € anuais.

A unidade familiar está composta polos proxenitores non separados legalmente ou parellas de feito rexistradas, ademais dos fillos menores de idade ou maiores incapacitados cos que convivan. Nos casos de nulidade,separación ou divorcio, considerarase o proxenitor que teña a garda e custodia, se é compartida, atenderase aos que convivan no domicilio indicado na solicitude.

.    No caso de que o número de solicitudes supere a oferta de prazas, requirirase a documentación xustificativa dos criterios do baremo. A presentación da mesma será do 25 de marzo ao 12 de abril  e ten carácter voluntario. De non achegarse en tempo e forma, entenderase que se renuncia á valoración correspondente.

.    O centro concederá 1 punto, se a consellería o autoriza, en función do criterio establecido polo Consello Escolar o 20 de marzo de 2013:

“Domicilio familiar na zona de influencia deste centro escolar”

.       Na solicitude os pais, nais ou titores legais deberán manifestar se optan a unha praza para alumnado con necesidades educativas específicas, achegando, se fora o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

.      O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda pola súa área de influencia, non terá dereito aos servizos complementarios establecidos pola Consellería.

.         “Enténdese por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento” (artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño). Para a valoración deste criterio, a persoa interesada terá que presentar  a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.