Iniciar sesión: Acceso

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o  15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O alumnado de 6º de Ed Primaria que pretenda continuar estudos no centro adscrito, IES Frei Martín Sarmiento, para os efectos de reserva de praza,  deberá presentar no centro de orixe (CEIP Vilaverde)  ou cumprimentar a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o  formulario normalizado ED550A que se presenta a continuación para descarga, como ficheiro adxunto.

 Ante calquera dúbida poñerse en contacto co centro no teléfono: 886159034.

 O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

A última semana de febreiro informaremos as familias do  alumnado admitido no IES Frei Martín Sarmiento para o curso 2024-2025. Tamén poderá consultarse na aplicación admisión alumnado.

 

Normativa de aplicación:

 ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

 

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

AdxuntoTamaño
ED550A-C.pdf1.34 MB
ED550A-G.pdf1.23 MB