RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020/2021

De acordo coa Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Adiminstrcións Públicas e Xustiza, DOG do 6 de maio de 2020, restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado.

Iníciase o día 11 de maio de 2020 e remata o día 18 do mesmo mes.

HORARIO DE SECRETARÍA: 10 A 13 HORAS

 Novos prazos do procedemento:

De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
Novos prazos do proceso:
⦁   Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
⦁   Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
⦁   Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
⦁   Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
⦁   Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.